|
Escrito por Agrelar
|
|
Mércores, 02 Febreiro 2011 18:36 |
Que ben o pasamos o venres na merenda agreleira! Que ben comimos, bailamos e tocamos! Para os que non pudieron vir quedan as fotos...

|
|
|
Escrito por Agrelar
|
|
Sábado, 15 Xaneiro 2011 01:00 |
|
Confírmase a merendola agreleira para o venres 28 de Xaneiro no local da asociación Puzzle (Roimelo) a partires das 20h.
Cada quen que leve o servizo e viandas que goste.
Google Maps: Local Social de Roimelo
|
|
Escrito por Agrelar
|
|
Sábado, 30 Outubro 2010 09:55 |
|
O mércores 3 de Novembro ás 20:00 horas no Fogar dos Maiores faremos unha charla informativa contando a experiencia agreleira deste ano e medio que xa levamos funcionando, se estás interesado/a no que facemos, as portas están abertas...

|
|
Escrito por Agrelar
|
|
Venres, 08 Outubro 2010 13:34 |
|
O vindeiro mes de Novembro (data por confirmar), o grupo de consumo responsabel agrelar, faremos unha presentación pública para contar un pouco a nosa experiencia como grupo de consumo, que xa cumpre ano e medio en Allariz.
Cal é a filosofía do grupo, os nosos criterios de consumo, como nos organizamos e que cousas facemos.
No acto tamén intervirán Pilar e Eloi, os agricultores que nos facilitan as verduras e hortalizas frescas de cultivo ecolóxico, que xunto coa súa pequena Estrela tamén forman parte de agrelar.

O acto é aberto a quen se queira achegar, para coñecer máis sobre nós e mesmo para compartir esta iniciativa tamén formando parte dela. Se estás interesado ou interesada, non deixes de vir.
|
|
Escrito por Agrelar
|
|
Martes, 14 Setembro 2010 12:20 |
|
En mércores alternos, cada quince días, o Grupo de Consumo Responsabel Agrelar, xuntámonos en Allariz para compartir camiño e ao tempo recoller os productos frescos da terra que para nós cultivan con amor e de xeito responsabel, Pilar, Eloi e máis Estrela.
As nosas xuntanzas son un punto de encontro no que falamos de todo o que temos en común en relación ao consumo responsabel.

Falamos de xeito informal, pero tamén de xeito organizado facendo unha breve asamblea de unha hora no Fogar dos maiores, espazo cedido polo Concello para poder xuntarnos. Alí xestionamos novas encomendas, estudamos propostas concretas de alguén e planificamos as nosas visitas aos productores e productoras que teñan suscitado interese no grupo.
|
|
|
|
|
|
|
Páxina 1 de 2 |