| Presentación de AGRELAR en Allariz |
|
| Escrito por Agrelar |
| Venres, 08 Outubro 2010 13:34 |
|
O vindeiro mes de Novembro (data por confirmar), o grupo de consumo responsabel agrelar, faremos unha presentación pública para contar un pouco a nosa experiencia como grupo de consumo, que xa cumpre ano e medio en Allariz. Cal é a filosofía do grupo, os nosos criterios de consumo, como nos organizamos e que cousas facemos. No acto tamén intervirán Pilar e Eloi, os agricultores que nos facilitan as verduras e hortalizas frescas de cultivo ecolóxico, que xunto coa súa pequena Estrela tamén forman parte de agrelar.
O acto é aberto a quen se queira achegar, para coñecer máis sobre nós e mesmo para compartir esta iniciativa tamén formando parte dela. Se estás interesado ou interesada, non deixes de vir. |








