novas


Usar Software Libre é
Compartir os Recursos:

gnu-linux ubuntu

mozilla Firefox


Agroecoloxía
Xornada de troco de sementes en Lugo Correo-e
Escrito por Agrelar   
Martes, 24 Xaneiro 2012 11:11

Desde a Rede de Semente chéganos esta información a compartir:

Ola a todos.

Infórmovos do que se acordou na xuntanza do pasado martes 17 de xaneiro da Rede de sementes de Lugo.

  • Organizar unha xornada de troco de sementes o luns 13 de febreiro no C.S. Vagalume, sito na Rúa Nóreas (Lugo).
  • A partir das 18:00 h os que poidamos iremos a preparar o encontro. Organización de sementes, da recollida de información, etc.
  • As 19:00 h comeza o encontro propiamente dito, onde se procedera a recollida e entrega de variedades de sementes locais.
  • Traer sobres feitos para levar as sementes.

Para axilizar o troco, e facer un mellor manexo da información acordamos que, antes da xuntanza, recoller toda a información valiosa das sementes que vaiades a traer, neste enderezo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , podendo tomar como punto de partida a ficha que se adxunta. (ata o día 5 de febreiro).

Acordamos tamén, empregar este enderezo electrónico, a modo de taboleiro onde publicar as nosas demandas ou excedentes de sementes ou planteis.

 
Novos retos na Industria Agroalimentaria Correo-e
Escrito por Agrelar   
Luns, 17 Outubro 2011 10:18

Reenviamos información do interesante curso que vai levar a cabo o CDR Portas Abertas e socios e colaboradores de O Grelo Verde.

Comeza o curso maña: 18 outubro ás 18:00 h no polígono de Pazos (onde Biocoop) con Jerónimo Aguado Martínez "Jeromo" (Presidente da Plataforma Rural e impulsor do Municipio ecolóxico de Amayuelas de Abaixo).
Mais info 988 417232.

Dende o Centro de Desenvolvemento Rural "Portas Abertas" queremos difundir o Curso "Novos retos na Industria Agroalimentaria", cun contido que pode interesar a tódolos públicos e nos fará reflexionar e debatir sobre o futuro agroalimentario.


 
Feira Terra Sa, em Porto Correo-e
Escrito por Agrelar   
Mércores, 05 Outubro 2011 12:17

CartazTerraSa2011_180A Feira Nacional de Agricultura Biológica, terá lugar no Palácio de Cristal / Pavilhão Rosa Mota e pretende dar a conhecer o único modo de produção sustentável de ”alimentos saudáveis, nutritivos e suficientes para satisfazer as necessidades da população portuguesa”.

A edição de 2011 da Terra Sã, Feira Nacional da Agricultura Biológica, começa já na próxima sexta-feira, 7 de outubro.

O evento, organizado pela Agrobio, terá lugar no Palácio de Cristal / Pavilhão Rosa Mota (Porto) e decorrerá até domingo, dia 9.

 
GDR MARIÑAS - BETANZOS - XORNADA: Variedades locais e gastronomía Correo-e
Escrito por Agrelar   
Xoves, 01 Setembro 2011 12:26

Chéganos un convite desde o GDR MARIÑAS - BETANZOS para a XORNADA:  "Variedades locais e gastronomía":

Diríxome a vostede para invitalo á Xornada sobre “VARIEDADES LOCAIS E GASTRONOMÍA” que se celebrará o vindeiro LUNS 12 de Setembro de 2011, na Aula de Cociña de Porto Muiños (Pza. Casares Quiroga, 5-6-7. A Barcala. 15660 Cambre – A Coruña), ás 10:30 horas.

Xúntase pdf tríptico coa información da xornada.

Esta Xornada hai que enmarcala na estratexia posta en marcha desde o Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas – Betanzos e especificamente no marco do proxecto de cooperación “Nuevos Horizontes”.

(www.proyectonuevoshorizontes.blogspot.com)

O GDR Mariñas-Betanzos está comprometido co Desenvolvemento Rural, a xeración de emprego, a recuperación dos cultivos tradicionais, a súa valorización a través da gastronomía, animar o consumo das variedades locais e a súa comercialización en circuítos curtos e na restauración local.

 
2ª Edición do Mercado Tradicional Ecolóxico pola Defensa da Terra. 13 e 14 de Agosto en Quilmas Correo-e
Escrito por Agrelar   
Xoves, 28 Xullo 2011 09:34

...desde Quilmas:

Estimad@s tod@s,
antes de nada moitas gracias por colaborar e partillar conosco en todas as actividades que desenrolamos ENTRE TOD@S o pasado 16 de Xullo.

A cousa é a seguinte, dende a Raínha Lupa propuxémonos realizar 7 mercados ecolóxicos tódolos anos. A referencia do 7 é pola importancia que tiveron sempre as estrelas coma indicadoras do paso do tempo e as estacións. Antigamente mirávase para o ceo e determinábanse as épocas de traballo no campo en función das constelacións que aparecían no firmamento. Hai dúas constelacións que fixan o comezo da primaveira e con isto, das segas, das colleitas, e das navegacións polo mar. Orión e Tauro coas Pléyades na punta (grupo de 7 estrelas, as 7 cabuxiñas) que estan visibles dende Abril a Outubro, durante 7 meses. Escollemos pois este periodo de fertilidade e de viaxe para realizaren tamén os mercados en Quilmas. Así que as datas do nosos mercados non teñen perda, basta con ollar cara o ceo e seguir o ritmo das estrelas e da lúa chea.

Así que o vindeiro mercado terá lugar o sábado día 13 de Agosto (lúa cheia) e verase complementado cunha xornada de interese cultural con roteiros e actividades (charlas, debates, proxeccións e música) o 14 de Agosto. Estamos a desenrolar o programa, en canto teñamos algo en firme enviarémosvos máis información.

 
« InicioAnterior1234567SeguinteFinal »

Páxina 1 de 7

agrelar_via-campesina

agrelar_fertilidad

agrelar_agroecoloxia