|
Escrito por Agrelar
|
|
Xoves, 28 Xullo 2011 09:34 |
|
...desde Quilmas:
Estimad@s tod@s, antes de nada moitas gracias por colaborar e partillar conosco en todas as actividades que desenrolamos ENTRE TOD@S o pasado 16 de Xullo.
A cousa é a seguinte, dende a Raínha Lupa propuxémonos realizar 7 mercados ecolóxicos tódolos anos. A referencia do 7 é pola importancia que tiveron sempre as estrelas coma indicadoras do paso do tempo e as estacións. Antigamente mirávase para o ceo e determinábanse as épocas de traballo no campo en función das constelacións que aparecían no firmamento. Hai dúas constelacións que fixan o comezo da primaveira e con isto, das segas, das colleitas, e das navegacións polo mar. Orión e Tauro coas Pléyades na punta (grupo de 7 estrelas, as 7 cabuxiñas) que estan visibles dende Abril a Outubro, durante 7 meses. Escollemos pois este periodo de fertilidade e de viaxe para realizaren tamén os mercados en Quilmas. Así que as datas do nosos mercados non teñen perda, basta con ollar cara o ceo e seguir o ritmo das estrelas e da lúa chea.
Así que o vindeiro mercado terá lugar o sábado día 13 de Agosto (lúa cheia) e verase complementado cunha xornada de interese cultural con roteiros e actividades (charlas, debates, proxeccións e música) o 14 de Agosto. Estamos a desenrolar o programa, en canto teñamos algo en firme enviarémosvos máis información.
Se estades interesad@s en participar, podedes contactar connosco através do correio electronico:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou polo telefone: 697 364 124, 981 760 227.
Saúde e estrelas,
Raínha Lupa SCG Quilmas |