| Novo logo oficial para produtos ecolóxicos europeos |
|
| Escrito por Agrelar |
| Xoves, 25 Febreiro 2010 22:47 |
A partir do 1 de xullo deste ano, os produtos ecolóxicos á venda na Unión Europea deberán acreditar a súa autenticidade portando un logo que acaba de presentarse, resultado dun concurso para a súa elección. O gañador é un estudante alemán que obtivo o 63% dos votos e 6.000 euros.O logotipo foi presentado onte en Bruxelas pola comisaria de agricultura Mariann Fischer Boel, e consiste nunha folla de árbore formada por estrelas sobre un fondo verde. A votación foi cidadá e realizouse online. Segundo a comisaria, con este proxecto a UE pretende "promover os produtos ecolóxicos europeos e facer conciencia entre os consumidores sobre a importancia deste tipo de produción". O uso deste logo será obrigatorio para os produtos que demanden ser considerados como ecolóxicos procedentes da UE. Para os extracomunitarios será opcional. Ademais deste logo, a normativa europea comprende tamén a posibilidade de que outros logos, privados, rexionais ou nacionais, poidan aparecer na etiquetaxe dos alimentos ecolóxicos. Esta normativa, que regula a produción agroalimentaria ecolóxica será modificada nas próximas semanas para introducir o novo logo nun dos seus anexos. O logo gañador e os dous finalistas (premiados con 3.500 e 2.500 euros respectivamente) pódense ver na páxina da Comisión Europea. Estudantes europeos de arte e deseño presentaron unhas 3.500 propostas das que un xurado selecionó o tres finalistas. Destas, os cidadáns ao corrente do proxecto elixiron a través da web o logo gañador. Fonte: Ecoperiodico, El Universal, EcoNoticias Imagen: Comisión Europea |

A partir do 1 de xullo deste ano, os produtos ecolóxicos á venda na Unión Europea deberán acreditar a súa autenticidade portando un logo que acaba de presentarse, 


