novas


Usar Software Libre é
Compartir os Recursos:

gnu-linux ubuntu

mozilla Firefox


Un supermercado ecolóxico que medra Correo-e
Escrito por Agrelar   
Xoves, 25 Febreiro 2010 23:09
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

veritasVeritas é unha cadea de supermercados creada en 2002 cuxa oferta é enteiramente ecolóxica. Agora, tras o éxito destes anos pasados prevé abrir supermercados en Madrid, Baleares e Levante para 2012 (ultimamente parece que todo sucederá no 2012) despois de inaugurar hoxe a súa tenda número 20.

productos_ecoloxicosSegundo declara Veritas na súa páxina web, contan cun equipo de persoas que se dedica permanentemente a buscar provedores de produtos da mellor calidade, ao mellor prezo e sobre todo libres de engadidos químicos. Pero se ese equipo non atopa algo, Veritas asegura facelo de por si.

Este é o caso do seu produto estrela: o pan. Ao non atopar ningunha panificadora ao seu gusto, Veritas creou o seu propio obradoiro en Hospitalet de Llobregat (Barcelona), desde onde distribúe o pan e a bollería para todas as súas tendas... até agora. Un dos retos da súa expansión, é crear novos obradoiros xunto a centros de distribución xeral, xa que as novas tendas estarán demasiado lonxe da terra que a viu nacer.

A firma de alimentación ecolóxica pechou 2009 cunha facturación de 17 millóns de euros, o que supón un incremento do 19% respecto ao exercicio anterior, e para 2010 espera alcanzar os 19,5 millóns, cun aumento do 15%. O ano pasado abriu tres tendas, e para o presente confía en inaugurar catro na provincia de Barcelona.

Cada supermercado supón un investimento medio de entre 300.000 e 350.000 euros. O que se inaugurou hoxe conta cunha superficie de 400 metros cadrados e un persoal de dez traballadores, todos eles en postos de nova creación. Destacan as 150 variedades de pan, ademais da variedade de repostaría e unha sección especializada en carne do norte.

Na súa oferta chegou xa ás 4.000 referencias de produto, das que 400 son da marca propia Veritas. A empresa prevé aumentar os seus produtos propios entre 100 e 200 este ano, para pasar dunha cota do 14-15% actual, ao 20%. Ademais de alimentación ecolóxica, Veritas vende perfumaría, cosmética, drogaría e téxtil, sendo a gama infantil una das que máis está a crecer.

Conta tamén con produtos chamados 3's, sen ovo, sen glute e sen lactosa, para todos os públicos. Na súa web, pódese gozar da Comunidade Veritas, onde a través de vídeos podes descubrir novos produtos, trucos, segredos, receitas etc. para ser máis ecolóxico.

Fonte: Europa Press, Veritas
Imaxe: Fundación Tierra

 

 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar


agrelar_via-campesina

agrelar_fertilidad

agrelar_agroecoloxia