novas


Usar Software Libre é
Compartir os Recursos:

gnu-linux ubuntu

mozilla Firefox


As Herbas Medicinais en Allariz, proxecto gañador no concurso estatal Maiores con Iniciativa Correo-e
Escrito por Agrelar   
Venres, 26 Febreiro 2010 00:00
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

maiores_con_iniciativaA fundación Fundetec entregou hoxe en Madrid os premios do II Concurso Estatal Maiores con Iniciativa, que recoñece o esforzo dos axentes sociais que desenvolven iniciativas que fomentan a inclusión das persoas maiores na sociedade da información coas novas tecnoloxías.

O Concello de Allariz, como un destes axentes sociais, resultou gañador do concurso no que se presentaron 88 candidaturas de dez comunidades autónomas diferentes.

A iniciativa gañadora “As herbas mediciñais en Allariz: unha historia de recuperación e empoderamento feminino” é un proxecto no que participaron 150 mulleres do entorno rural alaricano que recopilaron os usos e tradicións das distintas herbas mediciñais da localidade. Unha tradición que se transmitirá ás xeracións futuras a través das novas tecnoloxías, grazas ó blog creado polas alaricanas e que contén toda esta información.


Os maiores que participaron nesta iniciativa recibiron como premio unha cámara de fotos dixital, xunto cun miniordenador portátil HP para o dinamizador coordinador. Ademais o Concello de Allariz recibiu un ordenador HP con pantalla táctil de grandes dimensións e fácil manexo para ser utilizado polas persoas maiores.

 

Fonte: allariz.com

 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar


agrelar_via-campesina

agrelar_fertilidad

agrelar_agroecoloxia