novas


Usar Software Libre é
Compartir os Recursos:

gnu-linux ubuntu

mozilla Firefox


III Congreso de agroecoloxía e agricultura ecolóxica en Galiza Correo-e
Escrito por Agrelar   
Xoves, 27 Maio 2010 15:23
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

Vigo 24-26 de xuño de 2010

Soberanía alimentaria e agricultura ecolóxica, propostas de acción

Obxectivo Xeral

A necesidade de transformar o mundo rural, afastándoo das tendencias do abandono, é un obxectivo social de primeira orde. Conseguilo é unha tarefa colectiva na que participan políticos, científicos, campesiños, consumidores e as súas asociacións. No ámbito do III Congreso queremos discutir sobre o papel asignado á agricultura ecolóxica nese proceso.

Producir alimentos e fibras para os mercados locais mediante sistemas produtivos que aproveiten os recursos locais (ambientais, humanos, culturais, económicos) convértese no elemento crítico do proceso de construción social dun novo mundo rural. Chamamos aos axentes sociais implicados á participación, definindo os problemas e propondo alternativas, co obxectivo de tecermos novas redes que permitan avanzar no camiño da soberanía alimentaria.

 

Áreas Temáticas

1. Políticas agrarias e desenvolvemento rural
2. Protección de plantas, biodiversidade e recursos xenéticos
3. Agroecoloxía e coñecemento tradicional
4. Auga, solos e fertilización. Produción de plantas e prácticas culturais
5. Elaboración, transformación, comercio e consumo de produtos da agricultura ecolóxica
6. Ética, ciencia e educación
7. Transición a agricultura ecolóxica
8. Sistemas ecolóxicos de produción animal
9. Monte: silvicultura ecolóxica, cogomelos e pequenos froitos. Valores sociais e culturais
10. Seguridade e saúde alimentaria. Calidade nos alimentos ecolóxicos
11. Lexislación, normas e certificación
12. Paisaxe, valores ambientais e turismo rural

Fonte: economiaecoloxica.uvigo.es

 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar


agrelar_via-campesina

agrelar_fertilidad

agrelar_agroecoloxia