novas


Usar Software Libre é
Compartir os Recursos:

gnu-linux ubuntu

mozilla Firefox


MercadoActivo de Muros 18 e 19 de Marzal Correo-e
Escrito por Agrelar   
Venres, 18 Marzo 2011 18:36
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

A Raínha Lupa vai participar na 1ª Feira MercadoActivo de Muros que adicará esta 1ª edición ao mel e alimentos ecolóxicos, e a artesanía (oficios tradicionais) de proximidade.

mercado_activo_muros

Gostaríamos de vos convidar a compartir connosco esta iniciativa creada co obxectivo de dinamizar o edificio do Mercado de Muros, aportando diversidade e productos locais frescos e transformados a lo menos unha vez ao mes, para voltar a ver @s consumidores/as e labreg@s xuntos, retomando a relación directa que tiñan antes con todas as ventaxes derivadas:

percatarmos de que un pequeno xesto cotián pode influir no desenrolo do noso municipio e veciñ@s, solucións locais para problemas globais, e que o consumo non é un feito inocente;
redescubrir a orixe e temporalidade das hortalizas e polo tanto dos ritmos que marca a natureza na nosa contorna;
recoñecer os sabores e saberes case esquecidos mediante as apostas de cultivo de variedades autóctonas ou tradicionais e descubrir que para obtelos en cantidades abondas, non é preciso deteriorar o medio ambiente de forma irreversible ou insustentable;
aprobeitamento de instalacións públicas comúns que proporcionan o marco adecuado para potenciar as relacións entre as persoas, creando un espazo e un ambiente evolutivo, constructivo e diverso.
aposta pola conservación do medio ambiente e pola defensa da forma de vida rural; pola liberdade de poder escoller a orixe e a calidade dos nosos alimentos e de poder producilos dunha forma autónoma. ...entre outras...

As xornadas terán lugar os días 18 e 19 de Marzal en Muros, aquí tendes o programa:

 

1º MERCADOACTIVO EN MUROS
Mel, alimentos ecolóxicos e artesanía de proximidade.

 

Venres Día 18:

Ás 19:30h na Casa da Cultura de Muros. A xornada rematará ás 21:30h.
Charla/ debate sobre organismos xenéticamente modificados (OXM). Fins Eirexas - Seretario Executivo de ADEGA.
Proxeción do filme "Salmonopoly" dirixido por Wilfred Huismann sobre a produción de salmóns en gaiolas na costa sur chilena pola multinacional Marine Harvest, e trata tamén as investigacións e experimentacións que se están a realizar con salmóns transxénicos para a piscicultura. Este documental escolléuse por ser unha problemática de actualidade que afecta ás rías galegas e a diversas poboacións costeiras pola implementación inminente do Plano Acuícola aprobado pola Xunta de Galicia.
Sábado Día 19:
De 10:00h a 14:00h e de 16:30 a 19:30h no Mercado de Muros.
Haberá indicadores dende a estrada xeral para chegar ao edificio do mercado que está no casco histórico da Vila.
9:00h - Instalación dos postos.
10:00h - Apertura ao público Cata de mel galego Obradoiro/mostra de cesteiría
14:00h - Peche para o xantar
16:30h - Apertura Obradoiro mostra de olería.
19:30h - Peche.
Na organización deste evento están a colaborar as seguintes persoas e entidades, aprobeitamos para agradecerlles a súa implicación e compromiso a AGA, ADEGA, Carme e Santi, Concello de Muros, Cooperativa de Consumo Responsable Zoca Miñoca, Fins Eirexas, Laura, Lupe e Klaus, Martiño Fiz, Plataforma Galega Antitransxénicos, Praceiros do Mercado de Muros. Tamén agradecer a tódolas persoas que participan achegándose ao mercado para mostrar as súas hortalizas, pans, meles, queixos, ferramentas, cestos, etc... xa que sen o seu esforzo e adicación esta feira non tería sentido.
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar


agrelar_via-campesina

agrelar_fertilidad

agrelar_agroecoloxia