| I Feira de Sementes Ecolóxicas de Leboso |
|
| Escrito por Agrelar |
| Venres, 18 Marzo 2011 21:09 |
|
Organizada pola Fundación Galicia Verde.
|
| I Feira de Sementes Ecolóxicas de Leboso |
|
| Escrito por Agrelar |
| Venres, 18 Marzo 2011 21:09 |
|
Organizada pola Fundación Galicia Verde.
|
Comentarios
como xa temos comentado con algún/has de vós, na FUNDACIÓN G.V. estamos preparando a que será a nosa I Feira de Sementes ecolóxicas, que se celebrará o próximo día 10 de Abril (domingo) na sede da Fundación en Leboso-Forcarei.
A finalidade da Feira é dar a coñecer as nosas sementes e o noso proxecto en xeral. Aparte da exposición de sementes, teremos un posto de venda de Alimentos Amorodo de Soutelo de Montes, un xantar ecolóxico a cargo da Hortiña da Ponte a máis de postos de polbo, tortillas, refrescos & bebidas, etc.
Paralelamente á parte central da Feira (as sementes), haberá unha actividade permanente de xogos populares a cargo da Asociación Galega do Xogo Tradicional e Popular, a máis da presentación de Os Plantabosques, proxecto de educación medioambiental do animador Anxo Moure que ten a finalidade de concienciar sobre a importancia das sementes e o seu coidado, actividades pensadas especialmente para nen@s.
Os postos da feira consistirán en carros do país prestados para a ocasión por veciñ@s da zona; precisamente nestes días, os carros están sendo recollidos e acondicionados polo Concello de Forcarei.
En definitiva, que pensamos que pode ser un bo día para compartir entre tod@s aquelas persoas interesadas e comprometidas coa agricultura, a soberanía alimentaria e a ecoloxía en xeral.
A Feira abrirá sobre as 11:00 h., e aproveitaremos o día enteiro ata a tardiña (esperemos que o tempo acompañe).
Enviámosvos un pequeno díptico que fixemos para distribuir por internet, e aproveitamos a ocasión para pedirvos:
que nos axudedes a darlle a máxima difusión posible;
e, sobre todo, que veñades vós tamén a pasar ese día con nós na Feira.
Apertas e ata moi pronto,
Mabel (FUNDACIÓN G.V.)
mriver@fundaciongaliciave rde.org
www.fundaciongaliciaverde.org
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.