Alemaña clausurou máis de 4.700 granxas de aves e porcos por alimentar aos seus animais con pensos contaminados con dioxinas, segundo informou o Ministerior federal de Agricultura. A maioría son granxas porcinas, ás que se prohibiu sacrificar aos seus animais e comercializar a súa carne ata que se certifique que o seu consumo resulta absolutamente inocuo. A gran maioría das granxas, 4.468 do total, atópanse situadas no norteño estado federado da Baixa Sajonia, que adquiriron pensos contaminados orixinalmente polo fabricante Harles & Jentsch, que utilizara aceites industriais non destinados ao consumo animal ou humano.
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!
Curtametraxe de animación de Louis Rigaud que con un xenial sentido do humor escenifica unha realidade non tan lonxana sobre a industria agroalimentar actual e a biotecnoloxía.
Alteración biolóxica á carta con consecuencias por esperar.