Como quizais xa saibas, o terceiro documental de Zeitgeist, Moving Forward, dirixida por Peter Joseph, estréase a partir deste sábado 15 de Xaneiro en máis de 300 salas do planeta (incluído un campo de refuxiados en Palestina).
En España (listaxe abaixo) proxectarase gratuitamente en 6 cidades.
O documental presentará un caso para unha transición necesaria fora do actual paradigma socioeconómico monetario que goberna á sociedade do mundo enteiro. Este tema de discusión transcenderá as cuestións do relativismo cultural e ideoloxía tradicional e inducirá a relacionar o núcleo, os atributos empíricos "vida do chan" da supervivencia humana e social, extrapolando esas inmutabeis leis naturais dentro dunha paradigma novo sustentable chamado "Economía Baseada en Recursos".
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!
Nesta película aparecerán expertos nos campos da saúde pública, a antropoloxía, a neurobiología, a economía, a enerxía, a tecnoloxía, as ciencias sociais e outras áreas relevantes as cales están relacionadas coa operación social e a cultura. Os tres temas centrais do traballo son a Conduta Humana, a Economía Monetaria e a Ciencia Aplicada. Reunir o traballo crea un modelo de entendemento da actual paradigma social, do cal é fundamental saír, xunto a un novo e radical e aínda práctico enfoque social baseado nun entendemento avanzado, o que resolvería as actuais aflicións sociais facendo fronte ao mundo hoxe en día.
Un dos atributos únicos deste traballo, o cal se diferencia en estilo da maioría dos documentais, é que ten un tema dramático e cinematográfico paralelamente, con actores notables, que de maneira abstracta interpretan varios xestos relacionados coa mensaxe xeral da película. O traballo tamén emprega estritamente numerosas animacións e abstraccións visuais en 2D e 3D, regresando á orientación tradicional e estandar do documental como base.
Alemaña clausurou máis de 4.700 granxas de aves e porcos por alimentar aos seus animais con pensos contaminados con dioxinas, segundo informou o Ministerior federal de Agricultura. A maioría son granxas porcinas, ás que se prohibiu sacrificar aos seus animais e comercializar a súa carne ata que se certifique que o seu consumo resulta absolutamente inocuo. A gran maioría das granxas, 4.468 do total, atópanse situadas no norteño estado federado da Baixa Sajonia, que adquiriron pensos contaminados orixinalmente polo fabricante Harles & Jentsch, que utilizara aceites industriais non destinados ao consumo animal ou humano.
Cheganos un convite para a... II Feira de Enerxías Limpas e Construción Bioclimática:
Estimadas amigas e amigos,
Con motivo da celebración da II FEIRA DE ENERXÍAS LIMPAS E CONSTRUCIÓN BIOCLIMÁTICA de Narón, o vindeiro día 11 e 12 de xuño, o Concello de Narón ten o pracer de convidarlle a desfrutar de todalas actividades que terán lugar de forma paralela a exposición.
O ciclo de conferencias xa está completo, e o podedes ver no blogue ou descargalo no mesmo na zona de descargas.
En canto as actividades, temos os horarios dos obradoiros pechados. Non esquezades que tódalas actividades son de balde, pero necesitan inscripción xa que as prazas son limitadas.