|
Escrito por Agrelar
|
|
Sábado, 27 Novembro 2010 21:57 |
|
María Almazán, presentou o pasado día 17 de xuño 2010, a primeira colección ecolóxica confeccionada por ela mesma, con tecidos de comercio xusto e tintes ecolóxicos. Será a primeira colección de estas caractaresticas na Galiza e corresponderá a súa colección primavera-verán.
A colección de roupa ten deseños actuais e facilmente combinables. Dispón de 5 tallas cada unha para adaptarse perfectamente a cada corpo.
Prendas para mulleres, homes e para bebé cun prezo asequible. Todas as prendas contan con alta calidade nos tecidos e fíos, e foron confeccionadas de xeito artesán. Polo tanto roupa exclusiva, ecolóxica e xusta ao alcance de todas!!
+info: tejidosecologicos.blogspot.com
www.farodevigo.es www.lavozdegalicia.com
Fonte: www.arbore.org
|