novas


Usar Software Libre é
Compartir os Recursos:

gnu-linux ubuntu

mozilla Firefox


Iniciativas de Consumo Ecolóxico e Responsable Correo-e
Escrito por Agrelar   
Xoves, 23 Decembro 2010 09:39
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

Agrelar, a primeira iniciativa da listaxe (BICERA), do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) da Universidade de Vigo... Cool
Isto é o que nos contan sobre este proxecto:

logos-variosDende o Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) da Universidade de Vigo  estamos a realizar un traballo de investigación sobre alternativas de consumo e produción de alimentos dentro do estado español.

No ámbito deste traballo comezamos a realizar un proceso de inventario que recolla as características básicas e clasifique as Iniciativas do Consumo Ecolóxico e Responsable de Alimentos (ICERA) existentes en España e permita crear unha Base de iciativas de Consumo Ecolóxico e Responsable de Alimentos (BICERA).

Para que as experiencias alternativas poidan formar parte da BICERA é necesario que cumpran unha serie de características comúns:

  • Xorden de iniciativas sociais/cidadás
  • Promoven a participación democrática dos seus compoñentes
  • Acreditan no reparto xusto e na cooperación
  • Promoven a economía local
  • Fomentan a adquisición e o intercambio de produtos ecolóxicos

Dada a diversidade de iniciativas que se poden detectar no ámbito do consumo ecolóxico e responsable de alimentos en España,  elaborouse unha tipoloxía que permite a súa agrupación:


Asociacións/Cooperativas de Consumo Ecolóxico e Responsable de Alimentos (ACCERA):  Trátase de cooperativas ou asociacións de produtores e consumidores onde estes últimos desenvolven as principais tarefas loxísticas.

Asociacións/Cooperativas de Produtores de Consumo Ecolóxico e Responsable de Alimentos (ACPCERA): Os produtores son os que principalmente desempeñarán as funcións organizativas mentres cos consumidores forman parte da iniciativa ao adquiriren periodicamente en venda directa en explotación e/ou local ou mediante sistemas de cestas ou similares as producións ecolóxicas.

Cooperativas Agroecolóxicas de Consumo Ecolóxico e Responsable de Alimentos (CACERA): Son cooperativas unitarias de produción, distribución e consumo de produtos de agricultura ecolóxica.

Outros tipos de experiencias de Consumo Ecolóxico e Responsable de Alimentos (OCERA): Nesta categoría incluiranse aquelas experiencias que non poden clasificarse en ningunha das categorías anteriores pero que responden ás esixencias establecidas para seren parte da BICERA.Cun traballo previo realizado dende o GIEEA creouse unha primeira BICERA, incompleta, mellorable e na que faltan con seguridade moitas experiencias.


Completar e mellorar a BICERA realizarase a partir da participación, das aportacións, do intercambio e do acceso libre á información xerada polos axentes que libremente decidan compartir tempo, ideas e procesos.  Para que a BICERA se desenvolva é preciso que, tanto as experiencias que xa aparecen na base como as que non, acheguen información adicional sobre as mesmas mediante os cuestionarios específicos para cada unha das tipoloxías.

Dende o GIEEA cremos que a BICERA pode ser moi útil para consumidores, produtores, movementos sociais e investigadores na construción dos seus discursos e procesos sociais de supervivencia ao ser posible visionar a globalidade do movemento alternativo, agroecolóxico, do estado español.
Esta visibilización conxunta fortalecerá ás iniciativas individuais ademais de ser unha mostra da fase construtiva e enunciadora na que se encontra o movemento alternativo agroecolóxico español.

Fonte: economiaecoloxica.uvigo.es

 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar


agrelar_consomes


Comprar, tirar, comprar


La Historia de las Cosas


agrelar_anovaaldea


consumir menos, vivir mejor

consumir menos, vivir mejor


Opcions | Revista de Información de Consumo Consciente y Transformador (CCT)


Noticias Positivas