| Loaira organiza unhas xornadas de información e debate para o mes de Febreiro |
|
| Escrito por Agrelar |
| Domingo, 06 Febreiro 2011 23:46 |
|
O venres 4 de febreiro ás 20:30h no Multiusos da Xunqueira, comezaremos cunha charla. Xabier Rodríguez da Coop. de Consumo Responsábel Árbore, Belén Fervenza labrega de Horta do Cadaval e Chus Diéguez de Loaira, vannos falar dende diferentes puntos de vista do consumo responsábel como ferramenta de transformación. Continuaremos o xoves 17 co documental "A Nova Aldea", de Carlos Oro, tamén no Multiusos ás 20:30h. Diferentes historias arredor de iniciativas orixinais amosarannos que vivir no rural, achegados á natureza, é posíbel. E o venres 25, desta vez na Casa da Torre ás 20:00h, remataremos cunha charla sobre horticultura urbana. Vivir nun entorno urbano non significa ter que renunciar ao contacto coa natureza. Así o entende Ramón Paz, da Asociación Galega de Horticultura Urbana, que nos falara de experiencias de cultivos en macetas, terrazas, xardíns.... Agardamos contar coa vosa presenza. |

Ao longo deste mes de Febreiro 





