novas


Usar Software Libre é
Compartir os Recursos:

gnu-linux ubuntu

mozilla Firefox


II Xornadas de Consumo Consciente e Responsable na Casa Casares Quiroga Correo-e
Escrito por Agrelar   
Mércores, 04 Maio 2011 09:37
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter
Despois daquelas I Xornadas que foron tan satisfactorias e onde a enerxía vibrou tan ben, pensamos que esta vez tamén necesitamos abrirnos un pouco máis á sociedade e mostrar outra forma posible, viable e necesaria de consumir. A presencia das socias e das produtoras zocamiñoqueiras é importante para poñer voz e cara a persoas que, en maior ou menor medida, estamos cambiando aspectos importantes da nosa vida grazas á cooperativa. Gustaríanos moito que, na medida das vosas posibilidades, vos implicarades acudindo, difundindo e convidando  ás vosas amigas ás xornadas: sería estupendo traballar todas xuntas!

Cartaz-Xornadas-Zocaminhoca

En canto á programación, o venres 6 presentaremos unha selección de docus escollidos por membros de Zocamiñoca para que poidamos reflexionar, falar, preguntarnos, sacar ideas, o que sexa, sempre co noso espírito crítico, positivo e propositivo.

O sábado 7 esperamos contar con membros do recén constituído grupo de ATTAC na Coruña para despois pasar a ter un coloquio entre todas as presentes a partir da exposición das visións da cooperativa dunha produtora e dunha socia, e así poder compartir con todas as asistentes experiencias persoais de cambio.
  • Lugar: Casa Casares Quiroga (r/. Panadeiras, 12), A Coruña
  • Días: Venres 6 de maio (19.30 horas) e sábado 7 de maio (19 horas)
  • Organiza: Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca
  • Colabora: ATTAC Coruña
  • Máis info: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo 698 183 847

Acceso libre

 

Venres 6 de maio (19.30 horas)
  • Vídeo fórum sobre consumo

 

Sábado 7 de maio (19 horas)
  • Presentación de ATTAC Coruña
  • Cooperativa de consumo responsable Zocamiñoca: a visión dunha socia, a visión dunha produtora
  • Coloquio

A Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca da Coruña organiza, en colaboración co grupo de ATTAC na Coruña, as II Xornadas de Consumo Consciente e Responsable. Durante as tardes do venres 6 de maio e o sábado 7 de maio, terán lugar estas xornadas nas que reflexionaremos sobre o actual modelo de produción, distribución e consumo así como das diferentes alternativas e modos de entender outro consumo, consciente e respetuoso co medio ambiente e as persoas.

O venres 6 mostraremos fragmentos de documentos sobre esta temática a modo de introdución a un coloquio posterior entre as persoas asistentes.

O sábado 7 será cando se presente o grupo de ATTAC na Coruña e seguiremos profundizando sobre os procesos de cambio a través do consumo consciente e transformador, para o que contaremos coas exposicións das experiencias persoais de dúas persoas, unha socia e  unha produtora da cooperativa.

 

O consumo atravesa as nosas vidas, moitas veces sen percatarnos das implicacións que actos repetidos teñen sobre moi diferentes aspectos. As crises enerxética, económica, climática e alimentaria están mostrando que bastantes cousas fallan no actual sistema capitalista e que é necesario pensar e actuar de outra maneira no planeta e entre nós mesmas.

O consumo responsable, crítico, consciente e transformador é unha forma diferente de entender o consumo na que as consumidoras, en relación directa coas produtoras, asumen un papel máis activo e reflexivo no momento de satisfacer as súas necesidades, de maneira que se pon en cuestión o actual modelo de produción, transformación, promoción, distribución e consumo de ben e servizos, para comezar unha transición necesaria e ineludible cara a un consumo máis respetuoso coas persoas e o planeta. Para acadar estes obxectivos é preciso realizar un labor de información, concienciación, organización e acción que articule unha contestación viable e satisfactoria ao actual modelo socioeconómico baseado, entre outros aspectos, nunhas crecentes desigualdades sociais, no expolio dos países do Sur global e nos mecanismos de funcionamento desa forma de capitalismo que é o neoliberalismo. Deste modo, é necesario propoñer unha forma de consumir bens e servizos baixo criterios éticos, solidarios e sustentables, pensando no procomún, a través dun proceso que teña en conta que os recursos son limitados e que existen intereses de concentración de poder perxudiciais para acadar unha sociedade xusta e igualitaria.

As II Xornadas de Consumo Consciente e Responsable pretenden ser un espazo de encontro autónomo e libre, onde poder encontrarnos para falar, reflexionar e coñecer experiencias de consumo alonxadas do modelo consumista convencional. Intentaremos ofrecer unha panorámica global funcionamento do actual modelo de produción, distribución e consumo desde unha perspectiva crítica ademais de achegarnos a unha experiencia concreta de consumo responsable na Coruña, a cooperativa Zocamiñoca, cuxos principios son o consumo local, ecolóxico, de tempada, a soberanía alimentaria, o comercio xusto, etc., cunha organización participativa, amena, fluída e reivindicativa. Tamén contaremos coa presentación do grupo de ATTAC na Coruña, recentemente constituído. Agardamos por vós nas xornadas!!


--
Zocamiñoca, Cooperativa de consumo responsábel e consciente
Castrillón, 9, baixo esquerda
15009, A Coruña
698 183 847
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar


agrelar_consomes


Comprar, tirar, comprar


La Historia de las Cosas


agrelar_anovaaldea


consumir menos, vivir mejor

consumir menos, vivir mejor


Opcions | Revista de Información de Consumo Consciente y Transformador (CCT)


Noticias Positivas