novas


Usar Software Libre é
Compartir os Recursos:

gnu-linux ubuntu

mozilla Firefox


Desenvolvemento Rural
XIV Encontro de Verán da Rede Ibérica de Ecoaldeas Correo-e
Escrito por Agrelar   
Venres, 19 Agosto 2011 17:12

ecoaldeas

Amigos da Terra acollerá en As Corcerizas o XIV Encontro de Verán da Rede Ibérica de Ecoaldeas, que se vai celebrar dende o 25 ao 30 de agosto.

Será un momento onde compartir experiencias e coñecementos que nos axuden a transformar de xeito creativo as nosas vidas e o noso entorno cara novos modelos de convivencia que velen pola sostibilidade, a autoxestión e o respecto por minorías e maiorías.

 
Enerxía Eólica en Galicia: O seu impacto no mundo rural Correo-e
Escrito por Agrelar   
Luns, 09 Maio 2011 17:39

Desde a Federación de Cooperativas SINERXIA, facemos envio do Curso de
Formación sobre Enerxia Eolica en GZ, promovido polo Grupo de Investigación
en Economia Ecolóxica e Agroecoloxia da Universidade de Vigo e que,
acreditamos pode ser do voso interese.

Saude

Ramón Carmelo (Coord.)
www.sinerxia.org

enerxia-eolica-en-galicia

 
Internet Veciñal Correo-e
Escrito por Agrelar   
Luns, 07 Febreiro 2011 00:32
guifi_net

Que é guifi?

guifi.net é unha rede de telecomunicacións, é unha rede aberta, libre e neutral que se vertebra a partir dun acordo de interconexión no que cada participante ao conectar estende a rede e obtén conectividade.

Como funciona e como está organizado o proxecto guifi.net?

Os usuarios de guifi.net son particulares, empresas e administracións que constrúen unha rede de telecomunicacións cidadá, isto é, unha rede que é propiedade de todos os que forman parte dela.

É unha rede aberta porque os datos de configuración da rede publícanse para que desta maneira calquera persoa, empresa ou administración poida ver como está construída a rede e, por tanto, teña a capacidade de mellorala, mantela e ampliala. Isto é importante porque a rede non ten unha dependencia de ningunha empresa e os mesmos usuarios poden facerse a conexión á rede ou encargala á empresa da súa confianza.

É unha rede libre porque non hai ninguén que poida impor restricións; por exemplo, non se limita o ancho de banda porque como a rede é dos usuarios, estes non teñen ningún interese por limitar a velocidade, nin as prestacións. Isto é o que os demais operadores tradicionais acostuman limitar por prezo e nas redes libres non ten sentido.

É unha rede neutral respecto dos contidos. Dentro da rede pode circular calquera contido que alguén necesite: de interconexión de sedes, acceso a Internet. Ademais,  os particulares, as empresas, as administracións e os operadores que queiran achegar contidos son benvidos.
 
Curso de Cultivo do Castiñeiro Correo-e
Escrito por Agrelar   
Venres, 08 Outubro 2010 10:21

cultivo-castinheiroPor se é do seu interés dende a Asociación Avinza GDR 15 queremos informalles de que está aberta a matrícula do curso "O Cultivo do Castiñeiro" que se organiza dentro do Proxecto de Cooperación AMBI-EMPLÉAte no que estamos a participar xunto con outros grupos de desenvolvemento rural. 

O proxecto formativo persegue unha serie de implicacións éticas e socioeconómicas entre as que destacamos as seguintes: permitir unha xestión racional do ecosistema que estivo asociado tradicionalmente ás persoas, constituír unha fonte de riqueza para a poboación que o cultiva, axudar a fixar poboación e conservar os costumes, hábitos e tradicións culturais ancestrais.

 
XI Congreso Ibérico de Aguiluchos Correo-e
Escrito por Agrelar   
Xoves, 07 Outubro 2010 08:54

Allariz (Ourense) 15-17 de outubro de 2010
(Fogar dos Maiores, praza da Barreira)

 

aguilucho

 
« InicioAnterior12SeguinteFinal »

Páxina 1 de 2

agrelar_consomes


Comprar, tirar, comprar


La Historia de las Cosas


agrelar_anovaaldea


consumir menos, vivir mejor

consumir menos, vivir mejor


Opcions | Revista de Información de Consumo Consciente y Transformador (CCT)


Noticias Positivas