novas


Usar Software Libre é
Compartir os Recursos:

gnu-linux ubuntu

mozilla Firefox


A nova aldea Correo-e
Escrito por Agrelar   
Martes, 07 Setembro 2010 09:32
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

A NOVA ALDEA é un documental realizado por Carlos Oro e producido por Off Filmes, S.L. e a TVG no ano 2008.

pilar-eloiA NOVA ALDEA fala dun dos temas que máis preocupan á xente nova e tamén aos milleiros de románticos de todas as idades que aínda soñan cun xeito de vida achegado á natureza e ao sentido común: a revitalización do noso rural a través da implantación de iniciativas novidosas e respectuosas co entorno.

A NOVA ALDEA é un documental feito a base de micro-historias relativas aos protagonistas e ás experiencias máis orixinais e exitosas de intervención no rural, sempre baixo unha óptica vivencial, optimista e esperanzadora.

O documental:

  • Céntrase na vida das xentes.
  • Establece un diálogo ou relación entre as primeiras inquedanzas e os resultados obtidos.
  • Emprega un estilo realista, vivo, fresco.

A NOVA ALDEA é un documental que desenvolve a idea central do repoboamento do rural galego entendido este como un ecosistema que nun tempo foi prioritario para o desenvolvemento de Galicia, e que agora se atopa nunha crise profunda a piques da súa desaparición.

O que se persegue é que sexa un documental non meramente descritivo, senón que albisque posibles solucións na dirección de conformar ou replantexar un novo hábitat rural vivible hoxe en día, e cunha dignidade social i económica real, contemplando o rural con esperanza, coma un eido onde sexa posible vivir unha vida moderna e de futuro.

No documental A NOVA ALDEA contan a súa historia:

Video: A NOVA ALDEA
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar


agrelar_consomes


Comprar, tirar, comprar


La Historia de las Cosas


agrelar_anovaaldea


consumir menos, vivir mejor

consumir menos, vivir mejor


Opcions | Revista de Información de Consumo Consciente y Transformador (CCT)


Noticias Positivas