novas


Usar Software Libre é
Compartir os Recursos:

gnu-linux ubuntu

mozilla Firefox


Internet Veciñal Correo-e
Escrito por Agrelar   
Luns, 07 Febreiro 2011 00:32
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter
guifi_net

Que é guifi?

guifi.net é unha rede de telecomunicacións, é unha rede aberta, libre e neutral que se vertebra a partir dun acordo de interconexión no que cada participante ao conectar estende a rede e obtén conectividade.

Como funciona e como está organizado o proxecto guifi.net?

Os usuarios de guifi.net son particulares, empresas e administracións que constrúen unha rede de telecomunicacións cidadá, isto é, unha rede que é propiedade de todos os que forman parte dela.

É unha rede aberta porque os datos de configuración da rede publícanse para que desta maneira calquera persoa, empresa ou administración poida ver como está construída a rede e, por tanto, teña a capacidade de mellorala, mantela e ampliala. Isto é importante porque a rede non ten unha dependencia de ningunha empresa e os mesmos usuarios poden facerse a conexión á rede ou encargala á empresa da súa confianza.

É unha rede libre porque non hai ninguén que poida impor restricións; por exemplo, non se limita o ancho de banda porque como a rede é dos usuarios, estes non teñen ningún interese por limitar a velocidade, nin as prestacións. Isto é o que os demais operadores tradicionais acostuman limitar por prezo e nas redes libres non ten sentido.

É unha rede neutral respecto dos contidos. Dentro da rede pode circular calquera contido que alguén necesite: de interconexión de sedes, acceso a Internet. Ademais,  os particulares, as empresas, as administracións e os operadores que queiran achegar contidos son benvidos.
guifi.net é unha rede na que a maioría dos miles de ligazóns que hai son inalámbricos utilizando as frecuencias dispoñibles segundo o cadro nacional de frecuencias. Tamén hai operativos tramos de fibra óptica con conexións a gigabit. Utilizamos as mellores tecnoloxías para capacitar aos usuarios para que se fagan chegar, alí onde o necesiten, a rede. Hai tramos de rede guifi.net tanto en contornas urbanas como rurais.

guifi.net é de todo o mundo que participa nela, e os mesmos usuarios somos quen facemos o mantemento dos tramos de rede que necesitamos. Isto garántenos poder ter os niveis de dispoñibilidade da rede en función das nosas necesidades e do mantemento que facemos.

É un proxecto colaborativo organizado horizontalmente que aglutina a persoas individuais, colectivos, empresas, administracións e universidades. É aberto e, por tanto, todo o mundo pode participar en igualdade de condicións no marco do Procomún.

O 11 de xullo de 2.008 creouse a «Fundación privada para a rede aberta, libre e neutral guifi.net» co obxectivo de ser un instrumento máis ao servizo da rede aberta sen alterar a forma orixinal. Podedes porvos en contacto coa Fundación escribindo a fundacio (arroba) guifi.net pero atoparedes soporte nos foros, as listas de correo e a canle de chat.

A Fundación guifi.net é un operador de telecomunicacións inscrito no rexistro de operadores da CMT.
Tamén é unha ONG de cooperación ao desenvolvemento con diversos proxectos en África, Asia e América.

guifi.net é Premio Nacional de Telecomunicacións e é un dos membros integrantes da Rede Europea de Living Labs da Unión.

Podedes contactar con guifi.net nos foros http://guifi.net/es/forum, as listas de correo http://guifi.net/es/listas e a canle de chat http://guifi.net/es/chat

Recursos útiles

* Documentación: http://guifi.net/es/ESDocs e en http://es.wiki.guifi.net
* Relación de nodos:
ou Xeral - http://guifi.net/es/guifi_zones
ou África - https://guifi.net/es/africa
ou América - http://guifi.net/es/america
ou Asia - http://guifi.net/es/asia
ou Europa - http://guifi.net/es/europa
+ Península Ibérica - http://guifi.net/es/IberianPeninsula

Miles de particulares, empresas e administracións estamos a facer rede seguindo o modelo guifi.net, tanto para conectarnos como para facer instalacións, mantementos e achegar contidos. Fáltasnos ti!

Se estás interesado podes engadir o teu nodo seguindo o primeiro paso dos que se explican na sección Unirse a guifi.net en tres pasos guifi.net/es/trespasos

Podes descarregar o tríptico informativo para repartilo pola túa zona:

* Català - http://guifi.net/files/info_guifi_net.pdf
* Castelán (edición Madrid) - http://madrid.guifi.net/2010/12/27/poster-e-triptico/
* non dubides en modificalo para adaptalo ás túas necesidades e envialo de novo para que o colguemos aqui.

Ademais de atopar información nas listas e nos foros, tamén hai información en páxinas web locais. Podes consultalas ou unirte ao grupo local do teu pobo ou da zona que che quede máis perto ou che vaia mellor. A coordinación e a cooperación son as claves do éxito:

Espazos web dalgúns dos grupos locais
galicia.guifi.net
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar


agrelar_consomes


Comprar, tirar, comprar


La Historia de las Cosas


agrelar_anovaaldea


consumir menos, vivir mejor

consumir menos, vivir mejor


Opcions | Revista de Información de Consumo Consciente y Transformador (CCT)


Noticias Positivas