| Elaboración de preparados naturais para Viticultura |
|
| Escrito por Agrelar |
| Xoves, 02 Setembro 2010 09:51 |
|
PREPARADO PARA DESPOIS DA PODA
Ingredientes: xofre mollable dúas doses Poñemos en remollo varios días antes a arxila en 2.5 litros de auga. Unha vez que queiramos aplicalo debemos facer a mistura ese mesmo día e mollar ben toda a superficie da cepa o rematar a xornada de poda. Estas proporcións son para diluír en 10 ou 12 litros e aplicalo ca maquina de sulfatar.
PREPARADO ENRAIZANTE Ingredientes: arxila 100 g Diluímos todo isto en aproximadamente 15 litros de auga e remexémolo varias veces no día. A noite anterior a plantación das cepas introducimos estas na mistura.
MACERACIÓN DE ORTIGA REFORZADA Ingredientes: maceración de ortiga 20 litros A elaboración e para un total de 125 litros por hectárea, misturamos ben e aplicamos o solo Este preparado e moi interesante aportarllo o chan a partir do mes de marzo, antes da saída da vexetación para estimular a actividade microbiana do noso solo.
MACERACIÓN DE FENTOS Necesitamos 1 kg de fentos, que teremos que apañar xusto antes de que se abran os esporanxios que coincide mais ou menos co inicio do mes de agosto. Meteremos nun recipiente os fentos xunto con 10 litros de auga pode ser de plástico alimentario Madeira ou cristal, nunca aceiro ou ferro, seguidamente remexeremos a mixtura para aportarlle oxixeno, isto farémolo tódolos días no segundo ou terceiro día, dependendo da temperatura, iniciarase a fermentación, ter sempre conta de non esquencerse de remexer tódolos días para que non se pare a fermentación, cando remate filtraremos o preparado i gardarémolo ben cheo e protexido da luz.
Utilización e dose da maceración de fentos: Insecticida para controlar no caso do viñedo os cicadélidos coma o mosquito verde.
MACERACIÓN DE DENTE DE LEÓN Seguiremos o mesmo proceso que para facer a maceración de ortiga, no caso do dente de león colleremos a planta enteira tamén coa súa raigaña que deberemos cortar en anacos e facela fermentar coa mesma proporción que a ortiga: 1 kg de planta fresca - 10 litros de auga. O momento exacto para apañalo e xusto antes de que despleque tódolos seus petalos, que lle quede no centro da flor un pequeno vulto.
EXTRACTO HIDROALCOHOLICO DE EUCALIPTO Recóllense as follas da parte mais vella da árbore e aquelas que tamén sexan vellas distínguense por que a súa forma e de fouciña, son as mais ricas i que maior concentración de sustancias teñen. Metémolas nun bote con peche hermético e cheo ate arriba de augardente e o deixamos así un mes .
EXTRACTO HIDROALCOHOLICO DE SALGUEIRO Córtanse as varas dos brotes novos do ano anterior e xusto antes de que se formen as follas, de Febreiro ate Abril. Utilizaremos calquera variante de salgueiro agás os de follas anchas, o sauce chorón e o sauce cabrún. Métense en augardente 30 días.
EXTRACTO HIDROALCOHOLICO DE ORTIGA Collemos a ortiga dioica (é a alta). Témola que coller xusto antes de que florezca e a primeira hora da mañá, que é cando máis concentración de principios activos ten. Metémola en augardente entre 15 e 25 días .
EXTRACTO HIDROALCOHOLICO DE ALLO Machucamos allos e metémolos en augardente durante 45 días .
INFUSION DE MILENRAMA Recoller a flor da milenrama e poñela a secar. Cando queiramos utilizala facer unha infusión con 20g de inflorescencias en 7 litros de auga logo diluirémola en 70 litros de auga para unha hectárea.
Nota: Estes preparados serven tamén para horticultura!!! |




