|
Escrito por Agrelar
|
|
Xoves, 30 Setembro 2010 10:21 |
|
MARMELADA DE AMORAS
- 1,5 KG DE AMORAS (as amoras non poden ser todas moi maduras, hai que engadirlle alguñas casi vermellas para que axude a espesar e lle de un "toque" acedo)
- 1 KG DE SUCRE
- 4 culleradas de agar-agar
- zume dun limón

|

Cocemos as amoras, o sucre e o limón a lume medio-baixo durante 30 minutos, espumando e remexendo de cando en vez.
Logo colo esta marmelada ou a pasoa polo chino para que non queden as pepitas (gustame mais) aínda que na receita orixinal vai todo enteiro.
Engadimos as catro culleres de agar-agar para espesar e cocemos-la mixtura remexendo durante dez minutos máis.


|
Envasamos nuns tarros ben limpos, tapanse e cocense a baño maría durante 10 minutos para facer o baleiro. Ao retirar do auga os botes deixámolos enfriar boca abaixo.
Listo.

|