| Circuítos curtos de comercialización, un proxecto de resistencia |
|
| Escrito por Agrelar |
| Luns, 26 Setembro 2011 16:00 |
|
Chéganos esta información desde o SLG: Fortalecendo alianzas na construción da Soberanía Alimentaria. Día 1 de outubro, presentamos os nosos produtos. O Sindicato Labrego Galego, na súa loita pola Soberanía Alimentaria e polo recoñecemento dos dereitos das labregas, organiza esta xornada no marco do proxecto de CERES “Produtos locais, todas gañamos” Neste caso, o día 1 de outubro un grupo de labregas vai presentar os seus produtos (frescos de tempada e tamén os elaborados por elas mesmas) a diferentes asociacións cidadáns. A xornada será dende as 10:30 hora ate as 19:00 horas na casa de turismo rural Casa do Cruceiro que está no Concello de Ames, parroquia de Raíces. Haberá unha exposición dos produtos que temos neste momentos.
PROGRAMA. 10:30 h Chegada de participantes. 11:00 h Presentación da xornada e das e dos participantes. 12:00 h Presentación dos produtos a cargo das mulleres produtoras 14:00 h Comida 15:30 h Continuación da presentación 16:30 h Consumidores e consumidoras ¿qué esperan da parte produtora? 18:00 h Degustación de produtos variados 19:00 h Fin da xornada.
Como está previsto un xantar, é imprescindible anotarse no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou chamando ao teléfono 981 554 147 (preguntar por Lorena) Atentamente, Carme Freire Cruces |








Comentarios
Desculpade as molestias que vos poida ocasionar este cambio.
Saúdos.
Ana Rodríguez . Sindicato Labrego Galego
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.