novas


Usar Software Libre é
Compartir os Recursos:

gnu-linux ubuntu

mozilla Firefox


Coñecer e vivir a Soberanía Alimentaria Correo-e
Escrito por Agrelar   
Venres, 11 Febreiro 2011 18:39
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

Benqueridas compañeiras e benqueridos compañeiros,

facémosvos chegar a invitación ao próximo curso que organizamos (Arela) e no que colaboran tamén Verdegaia e A Tira.  Queremos que sexa un encontro que nos leve a traballar e loitar colectivamente, nos nosos ambientes e no mundo, pola Soberanía Alimentaria sabendo que esta loita é pola dignidade e a xustiza, na que nos debemos involucrar e construír alternativas reais xunto cos grupos ecoloxistas, cos grupos de consumo, etc.  A Soberanía Alimentaria consideramos que é un tema vital que debemos coñecer e ser capaces de crear e de fomentar outra forma de facer e de ser.


Sabemos que esta fin de semana hai moitos máis encontros en Vigo pero tal e como está posto o horario é compatible coas outras actividades (asemblea de Baladre, manifestación e acto do domingo de A Ría Non se Vende, etc.), polo que non deixes de asistir e de participar connosco neste momento para o diálogo tan interesante.  O horario é o seguinte:

soberania-alimentaria

 

SÁBADO, 26 DE FEBREIRO DE 2011:

→ Ás 10:15 h.: Acollida.

→ De 10:30 h. a 13:45 h.: "Introdución ao modelo insustentable corporativo de produción, distribución e comercialización” , por Begoña Carrera Ríos e Iñaki Varela Pérez (Verdegaia).
A insustentabilidade do modelo petro-alimentario de comercio actual e os seus impactos tanto sociais (recorte nos dereitos laborais e nas prestacións sociais, etc.), como medioambientais e doutro tipo, están afectando á gran maioría das persoas que habitamos a Terra, de tal xeito que se reflicte en fame, guerras, migracións, monopolio das transnacionais, etc.  As políticas comerciais e de agricultura que se fomentan no estado español e no resto de Europa promoven o anterior (privatizacións, monocultivos, aumento da débeda externa, asunción de esquemas económicos alleos, fomento dos transxénicos e dos agrocombustibles, etc.).

→ De 16:30 h. a 19:45 h.: “Os retos da Soberanía Alimentaria”, por Xosé María García Villaverde (Verdegaia).
Complementaremos o comentado pola mañá facendo unha breve exposición das realidades que levaron a que a necesidade de loitar pola Soberanía Alimentaria se estendera a todos os recunchos do planeta (en todas as súas dimensións: relacional, identitaria, creadora, transformadora da realidade, como movemento de denuncia, etc.).  O movemento campesiño e a Soberanía Alimentaria están intimamente relacionados xunto coas alternativas para a produción, a distribución, etc. que se propoñen desde o "Sur" (experiencias concretas e construtivas de economía solidaria e dignificadoras da persoa).

DOMINGO, 27 DE FEBREIRO DE 2011:


→ De 10:00 h. a 12:45 h.:  “Acción colectiva para o cambio no modelo de produción-distribución-consumo”,  por Eva Gil Rodríguez (A Tira).
Coñeceremos o que se está a mover no mundo rural e na alimentación desde o "Norte" (experiencias concretas): grupos e cooperativas de consumo, hortas comunitarias, propostas contrapublicitarias, troco, bancos de tempo, empresas de economía social e solidaria, etc.  Tamén poderemos vislumbrar en que se pode participar e que se pode crear, o que nos permitirá achegar estas iniciativas ás nosas vidas e así promover o cambio nos nosos patróns de consumo.

DOCUMENTO: Diptico Curso Soberanía Alimentar - 26 e 27 Febreiro 2011 [PDF]

 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar


agrelar_consomes


Comprar, tirar, comprar


La Historia de las Cosas


agrelar_anovaaldea


consumir menos, vivir mejor

consumir menos, vivir mejor


Opcions | Revista de Información de Consumo Consciente y Transformador (CCT)


Noticias Positivas