| Convite a Mercado pola Defensa da Terra en Quilmas |
|
| Escrito por Agrelar |
| Luns, 13 Xuño 2011 16:27 |
Dende a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas, convidarvos ao Mercado Ecolóxico pola Defensa da Terra que vai ter lugar o sábado 16 de Xullo durante todo o día.Estamos a preparar diversas actividades simultáneas, pero o principal é que haberá unha mostra de produtos agrícolas e de artesanía local, así coma de música e gastronomía todo pola defensa da terra, pola defensa d@s que a traballan e a coidan... e a desfrutan e protexen.
amén o mercado basea a súa existencia na autohomenaxe á loita que se está a levar a cabo pola xente de Quilmas e doutros lugares en contra das ampliacións e novas plantas piscícolas.
O mercado terá un ambiente festivo e que servirá para que tod@s disfrutedes do Lugar, do seu patrimonio (cabaceiras, muíños, praias, agras e rotas polo monte) e das xentes e a realidade que se está vivir acó. Contactos para expositores ou visitantes: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo 697 364 124 981 760 227 Moito obrigados e esperamos que a información sexa do voso interese. Raínha Lupa |

Dende a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas, convidarvos ao Mercado Ecolóxico pola Defensa da Terra que vai ter lugar o sábado 16 de Xullo durante todo o día.





