Usar Software Libre é
Compartir os Recursos:

gnu-linux ubuntu

mozilla Firefox


Texto Fundacional de Agrelar
Quen somos Correo-e

Somos un grupo de persoas comprometidas coa transformación do mundo onde vivimos. Persoas que seguen pensando que outro mundo é posibel, e que entre todos e todas podemos conseguilo.

aniversario_agrelar_01

Un grupo que nos definimos “responsabel”, porque pretendemos manter unha forma de consumo consciente e respetuosa co medio, incluídas as persoas que vivimos nel. Así podemos definir a filosofía deste grupo, da seguinte forma:

  • Consumo de productos ecolóxicos.

  • Desenvolvemento sostible. Respeto ao medioambiente, incluídas as persoas e animais que traballan a terra.

  • Desenvolvemento local. Fomento para o consumo de productos da zona.

  • Apoio directo aos pequenos/as productores/as, evitando intermediarios/as e distribuidoras, sempre que sexa posible.

  • Compromiso para con aqueles productores/as que teñan unhas condicións dignas de traballo para con os seus asalariados/as.

  • Posta en valor do traballo do campo.

  • Principio de confianza cos productores/as.

  • Xestión compartida-cooperativa do grupo e fomento de relacións de interdepencia entre as persoas (fronte aos individualismos).

 
Criterios de consumo Correo-e

Así mesmo, teremos tamén en conta nas nosas eleccións os seguintes criterios:

  • Proxecto dos/as produtores/as: A filosofia e coherencia das/os productoras/es asi como a empatía coa comunidade, serán tidos en conta á hora da elección.

  • Embalaxe do produto: Evitarase na maior medida a embalaxe dos produtos. Serán mellor valoradas as embalaxes feitas con materiais naturais, non contaminantes, recicladas, reciclables, reutilizadas, reutilizables, con baixa enerxía gris (a enerxía que conleva a súa produción e transporte).

  • Relación co grupo: Valorarase positivamente que o/a produtor/a xa tivera relación e/ou implicación co grupo. É un forma de dar continuidade e estabilidade aos proxectos e iniciativas.

  • Tamaño da finca: Coa idea de diversificar e apoiar novas iniciativas, os proxectos e/ou fincas de pequeno e mediano tamaño serán mellor valorados que as grandes.

  • Prezo: un prezo máis económico en igualdade de condicións será mellor opción.

 
Organización Correo-e

Falaremos de duas vertentes: consumo responsabel así como sensibilización e transformación social.

Por consumo responsable, falamos da forma de organizarnos para consumir productos coas características anteriormente descritas. Deste xeito falamos polo tanto das seguintes opcións:

  • Recepción de cestas con productos ecolóxicos variados e de tempada, con unha perioricidade quincenal.

  • Encargos complementarios de alimentación en ecolóxico ou de outro tipo de productos, que se realizarán a demanda de alguén do grupo e coa finalidade de sumarse aqueles/as que precisen eses productos.

Sobre a recepción de cestas quincenais, eleximos o modelo de cuotas, que consiste no encargo permanente dun número de cestas para un número concreto de demandantes, de forma que aseguremos ao productor/a un mínimo que o axude na súa mellor organización para os productos (desenvolvemento sostible). Esta forma é revisable de xeito que se o grupo crece poderiamos plantexar a posibilidade de ser máis flexibeis.

Por sensibilización e transformación social, falamos da posibilidade real de traballar para ofrecer novos modelos de consumo á poboación, de forma que desmitifiquemos ideas preconcebidas sobre o consumo en ecolóxico. Somos un grupo activo e con idea de transformación social.

 
Comunidade Correo-e

Que implica formar parte da comunidade?

  • Compartir e respectar a filosofía e criterios do grupo.
  • Colaborar nas tarefas organizativas (sensibilización, transformación social e consumo responsabel) e de toma de decisións.
  • Participar con entusiasmo e confianza no proxecto, fomentando as relacións cooperativas na comunidade.

Como podo formar parte da comunidade?

  • Mostrando o teu interese. Contactando persoalmente con calquera integrante do grupo ou achegándote ao ponto de reunión e de entrega de cestas, os mércores (alternos cada 15 días), habitualmente de 19:30 a 20:30 no Fogar dos Maiores.
  • Asumindo os compromisos que implica formar parte da comunidade.
Contacto Agrelar: agrelar[a]agrelar.net
Listaxe Agrelar: lista.cr[a]allariz.agrelar.net