A reforma da Política Agrícola Común (PAC) está en marcha. As Institucións europeas que deciden, apoian un sistema alimentario insustentable baseado en alimentos de baixa calidade a prezos competitivos.
Cambiar a PAC é clave para alcanzar a Soberanía Alimentaria, unha opción que pon por diante do beneficio á xente, ao medio ambiente e a biodiversidade. Unha opción que aposta pola solidariedade e a cooperación fronte á competitividade.
Reenviamos información do interesante curso que vai levar a cabo o CDR Portas Abertas e socios e colaboradores de O Grelo Verde.
Comeza o curso maña: 18 outubro ás 18:00 h no polígono de Pazos (onde Biocoop) con Jerónimo Aguado Martínez "Jeromo" (Presidente da Plataforma Rural e impulsor do Municipio ecolóxico de Amayuelas de Abaixo). Mais info 988 417232.
Dende o Centro de Desenvolvemento Rural "Portas Abertas" queremos difundir o Curso "Novos retos na Industria Agroalimentaria", cun contido que pode interesar a tódolos públicos e nos fará reflexionar e debatir sobre o futuro agroalimentario.
Alemaña clausurou máis de 4.700 granxas de aves e porcos por alimentar aos seus animais con pensos contaminados con dioxinas, segundo informou o Ministerior federal de Agricultura. A maioría son granxas porcinas, ás que se prohibiu sacrificar aos seus animais e comercializar a súa carne ata que se certifique que o seu consumo resulta absolutamente inocuo. A gran maioría das granxas, 4.468 do total, atópanse situadas no norteño estado federado da Baixa Sajonia, que adquiriron pensos contaminados orixinalmente polo fabricante Harles & Jentsch, que utilizara aceites industriais non destinados ao consumo animal ou humano.
Como quizais xa saibas, o terceiro documental de Zeitgeist, Moving Forward, dirixida por Peter Joseph, estréase a partir deste sábado 15 de Xaneiro en máis de 300 salas do planeta (incluído un campo de refuxiados en Palestina).
En España (listaxe abaixo) proxectarase gratuitamente en 6 cidades.
O documental presentará un caso para unha transición necesaria fora do actual paradigma socioeconómico monetario que goberna á sociedade do mundo enteiro. Este tema de discusión transcenderá as cuestións do relativismo cultural e ideoloxía tradicional e inducirá a relacionar o núcleo, os atributos empíricos "vida do chan" da supervivencia humana e social, extrapolando esas inmutabeis leis naturais dentro dunha paradigma novo sustentable chamado "Economía Baseada en Recursos".
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!
Nesta película aparecerán expertos nos campos da saúde pública, a antropoloxía, a neurobiología, a economía, a enerxía, a tecnoloxía, as ciencias sociais e outras áreas relevantes as cales están relacionadas coa operación social e a cultura. Os tres temas centrais do traballo son a Conduta Humana, a Economía Monetaria e a Ciencia Aplicada. Reunir o traballo crea un modelo de entendemento da actual paradigma social, do cal é fundamental saír, xunto a un novo e radical e aínda práctico enfoque social baseado nun entendemento avanzado, o que resolvería as actuais aflicións sociais facendo fronte ao mundo hoxe en día.
Un dos atributos únicos deste traballo, o cal se diferencia en estilo da maioría dos documentais, é que ten un tema dramático e cinematográfico paralelamente, con actores notables, que de maneira abstracta interpretan varios xestos relacionados coa mensaxe xeral da película. O traballo tamén emprega estritamente numerosas animacións e abstraccións visuais en 2D e 3D, regresando á orientación tradicional e estandar do documental como base.
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!
Baterías que morren' aos 18 meses de ser estreadas, impresoras que se bloquean ao chegar a un número determinado de impresións, lámpadas que se funden as mil horas... Por que, a pesar dos avances tecnolóxicos, os produtos de consumo duran cada vez menos?
Rodado en Catalunya, Francia, Alemaña, Estados Unidos e Ghana, Comprar, tirar, comprar, fai un percorrido pola historia dunha práctica empresarial que consiste na redución deliberada da vida dun produto para incrementar o seu consumo porque, como xa publicaba en 1928 unha influente revista de publicidade norteamericana, "un artigo que non se desgasta é unha traxedia para os negocios".
O documental, dirixido por Cosima Dannoritzer e coproducido por Televisión Española, é o resultado de tres anos de investigación, fai uso de imaxes de arquivo pouco coñecidas; achega probas documentais e mostra as desastrosas consecuencias ambientais que se derivan desta práctica. Tamén presenta diversos exemplos do espírito de resistencia que está a crecer entre os consumidores e recolle a análise e a opinión de economistas, deseñadores e intelectuais que propoñen vías alternativas para salvar economía e medio ambiente.